Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAR DE SANTOS OFERTA UNHA PRAZA DE CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

19 Abr 2016

Trátase dun contrato a xornada completa deica o final do 2016

O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do día 19 de abril a convocatoria para a contratación laboral dunha para de chófer de tractor con rozadora. A modalidade de contratación para esta praza será de contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada é completa, de 40 horas/semana (luns a venres). Para o sistema de selección aplicarán o concurso de méritos. A duración do contrato é deica o 31/12/2016. Para a presentación de solicitudes haberá 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (19/04/2016), no Rexistro Xeral do concello sito na estrada de Xinzo a Celanova,número 77, 32650 Vilar de Santos, Ourense e teléfono 988 465 883 en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver