Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAR DE BARRIO CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

24 Nov 2018

Faino no SAF, na categoría de auxiliar de axuda no fogar

O concello de Vilar de Barrio fai público no BOP do 24 de novembro, unha vez aprobadas as bases de selección e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego do SAF, na categoría de auxiliar de axuda no fogar, mediante acordo da xunta de goberno local con data 14 de novembro de 2018, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento da creación dunha bolsa de emprego para a cobertura de vacantes que se produzan ao longo do ano 2019 coa posibilidade de prórroga por un ano máis na categoría de auxiliar de axuda no fogar. As bases da convocatoria poderán obterse nas oficinas municipais, na páxina web do concello www.vilardebarrio.com e na sede electrónica https://vilardebarrio.sedeelectronica.gal Para o sistema de selección optaron polo concurso. O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.O lugar de presentación é o rexistro do concello de Vilar de Barrio, rúa Praza do Toural, n.º 10, Vilar de Barrio, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver