Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARTIN DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE FUNCIONARIO INTERINO E CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO

10 Out 2018

A bolsa de traballo é para auxiliares administrativ@s

O concello de Vilamartín de Valdeorras fai público no BOP do 10 de outubro as bases reguladoras do proceso de selección de un/unha funcionario/a interino, e formación de bolsa de traballo dunha praza de auxiliar administrativ@, escala de administración xeral, subescala auxiliar, grupo C subgrupo C2.

O obxecto desta convocatoria é a selección de persoal, funcionario interino, mediante concurso-oposición, para ocupar unha praza de auxiliar administrativ@ da escala de administración xeral, subescala auxiliar grupo C subgrupo C2 do Concello de Vilamartín de Valdeorras, e ao mesmo tempo para a configuración dunha bolsa de traballo.

Este proceso realízase ao abeiro do previsto no artigo 10.1 a) do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público. O número de prazas convocadas é dunha (1).O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de tarefas de apoio administrativo e atención ao público, e aqueloutras que podan ser encomendadas polos órganos municipais competentes ou superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo. A praza terá asignadas as retribucións reflectidas no anexo de persoal do orzamento municipal. Tipo e duración da provisión: o funcionario/a interino/a será nomeado/a unha vez remate o proceso de cobertura de dita praza, e cesará cando a praza sexa provista por funcionario de carreira, logo da oportuna convocatoria de provisión de postos de traballo e oferta de emprego público de acordo co que sinalen as Leis de orzamentos xerais do Estado.

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver