Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN PUBLICA AS BASES PARA A CONTRATACIÓN DE 7 TRABALLADORAS/ES

28 Nov 2017

Farán contratos na categoría de Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Vilamarín fai públicas no BOP do 28 de novembro, unha vez aprobadas, as bases que rexerán a contratación por concurso de sete auxiliares de axuda no fogar, en réxime laboral temporal a xornada completa, Iste é o resumo da convocatoria:

1. Número de prazas: 7.
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3. Servizo: servizo de axuda no fogar do concello de Vilamarín.
4. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo.
5. Sistema de selección: concurso.

6. Duración do contrato: 1 ano.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 7 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, n.º 5, 32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver