Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UNHA PRAZA PARA UN/HA CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

16 Mai 2018

É un contrato laboral a xornada completa

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 16 de maio, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 chofer tractor rozadora, en réxime laboral temporal a xornada completa, o resume da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dunha praza para un/ha chófer tractor rozadora, con modalidade de contratación mediante contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso, sendo a duración do contrato de 4 meses e 15 días. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, n.º 5 (32101 - Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver