Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UNHA PRAZA DE MONITOR/A DEPORTIVO

16 Abr 2018

Trátase dun contrato laboral temporal

O concello de Vilamarín, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de un/ha monitor/a deportivo para o ximnasio municipal, en réxime laboral temporal, 15 horas á semana, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. A denominación é monitor/a deportivo ximnasio municipal, sendo a modalidade de contratación contrato por obra ou servizo, de duración determinada, 15 horas á semana. Pra o sistema de selección optaron polo concurso. A duración do contrato será de 12 meses. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (16/4/18), no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstol, n.º 5, 32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver