Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UN POSTO TEMPORAL

18 Mar 2019

Trátase dun contrato pra un/ha chófer de tractor rozadora

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 18 de marzo, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 chófer tractor rozadora en réxime laboral temporal a xornada completa, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: chofer tractor rozadora.
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo,de duración determinada a tempo completo.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 3 meses e 15 días.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 8 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver