Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UN POSTO TEMPORAL DE ALBANEL

18 Xul 2018

É un contrato con 2 meses e medio de duración

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 18 de xullo, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de un/ha albanel oficial de 2ª en réxime laboral temporal, a o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dunha praza de albanel oficial de 2ª, con modalidade de contratación mediante contrato por obra ou servizo de duración determinada a xornada completa. Para o sistema de selección optaron polo concurso, sendo a duración do contrato de 2 meses y 15 días. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 8 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstol, n.º 5, 32101 Vilamarín, en horario de 09.00 a 14.30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver