Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UN POSTO DE MONITOR/A DEPORTIVO/A

13 Abr 2019

Traballará no ximnasio municipal

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 13 de abril, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/ha monitor/a deportivo para o ximnasio municipal, en réxime laboral temporal, 15 horas á semana, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: monitor deportivo para o ximnasio municipal
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo de duración determinada, 15 horas á semana.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 12 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro xeral do Concello de Vilamarín, situado na avda. Santiago Apostol, n.º 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, del procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver