Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

07 Nov 2018

Trátase dunha contratación temporal

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 7 de novembro, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 auxiliar no fogar en réxime laboral temporal a xornada completa, o resumo da convocatoria para xeneral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número e denominación do posto: 1 auxiliar de axuda a domicilio para o Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Vilamarín, mediante concurso, en réxime laboral e con carácter temporal, de maneira urxente, como máximo ata o 31 de decembro de 2018.
2. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo.
3. Sistema de selección: concurso.
4. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 3 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeneral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apostol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
5. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver