Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILAMARÍN OFERTA SETE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

29 Nov 2018

Son para auxiliares de axuda no fogar

Unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de sete auxiliares de axuda no fogar en réxime laboral temporal a xornada completa, o concello de Vilamarín fai publico no BOP do 29 de novembro o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 7.
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3. Servizo: servizo de axuda no fogar do Concello de Vilamarín.
4. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo.
5. Sistema de selección: concurso.
6. Duración do contrato: 1 ano.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 7 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, n.º 5 (32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

Volver