Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O Concello de Verín prohibe por decreto o uso de megafonía para difundir a convocatoria de folga xeral

17 Xan 2011

A CIG xa presentou un recurso contra a decisión do alcalde "popular" da vila ourensá

O alcalde da vila ourensá, o "popular" Juan Manuel Jiménez Morán, prohibe deste xeito á CIG facer uso dos dereitos fundamentais de información e folga, o que levou ao sindicato a presentar o recurso no que se reclama a suspensión cautelar e urxente do decreto. Dende a Unión Local de Verín lembran que a ordenanza municipal non prohibe o uso de megafonías senón perturbar a tranquilidade dos veciños/as usando megafonías, “cuestión que é substancialmente distinta ao que pretende a CIG, que non é outra cousa que informar sobre a convocatoria de folga”.

Neste senso, consideran que a normativa municipal presenta eivas a nivel xurídico ao establecer que “en especial e excepto autorización municipal, está prohibido perturbar o descanso [...] mediante o uso de megafonías”. Na súa opinión, isto quere dicir que “se existise autorización municipal si se podería perturbar o descanso e a tranquilidade da veciñanza”.

Volver