Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA

18 Feb 2019

Trátase dun contrato temporal para cubrir baixas, vacacións e permisos

O concello de Verín fai públicas as bases de contratación para unha praza temporal de socorrista neste concello. É un contrato para cubrir baixas, vacacións e permisos por asuntos propios da traballadora embarazada, con data probábel de contratatación para o vindeiro 8 de marzo.

 

  CONTRATACIÓN 1 PRAZA DE SOCORRISTAS  2019

26/02/2019

Ultimo día  para aportar documentación para baremar.

28/02/2019 – 14.00 h.

Listaxe de admitid@s e excluíd@s.

01/03/2019

Reclamación á listaxe de admitid@s e excluíd@s

04/03/2019 – 14.00 h.

Listaxe provisional

05/03/2019

Reclamación ao listado provisional

07/03/2019 – 14.00 h.

Listaxe definitivo

 

Data  probable de contratación: 08/03/2019

Duración do contrato: Baixa, vacacións e permisos por asuntos propios de traballadora embarazada

 

1.- Documentación mínima que teñen que aportar para participar no proceso de selección:

  • Fotocopia do DI
  • Declaración de veracidade e/ou Certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais
  • Titulación mínima exigida: graduado escolar ou equivalente.
  • Carné de socorrista homologado pola Academia Galega de Seguridade

 

2.-Motivos de exclusión do proceso de selección:

  • Non aportar a documentación mínima esixida

 

3.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:

  • Experiencia profesional:

            1.- Por servizos prestados en calquera administración pública na mesma categoría a que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).

            2.- Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).

  • Minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ao 33% (1 punto) que se acreditará mediante certificado de grado de minusvalidez emitido pola Área de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
  • Cursos de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracions Públicas, universidades, INEM, Fundación tripartita para formación ou sindicatos, e relacionado coas funcions propias da categoría:( máximo 3 puntos ).
  •  

 

De   40 a 100 horas

0,10 puntos/curso

De 101 a 300 horas

0,40 puntos/curso

De 301 a 500 horas

0,60 puntos/curso

De 501 horas en adiante

1,00 puntos/curso

 

 

  • Titulación académica distinta a solicitada como requisito imprescindible para o acceso (só  se computará a titulación de máis nivel das alegadas ):

 

 

Título de doutor/a

1,75 puntos

Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro

1,50 puntos

Título de enxeñeiro/a, técnico/a,

diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a

1,25 puntos

Título de COU, Título de técnico especialista obtido en FP de 2º grado, Título de Bacharelato actual, Ciclo formativo de grado superior ou equivalente

 

0,75 puntos

 

 

Graduado en secundaria, 2º BUP superado, Título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grado, ciclo formativo de grado medio ou equivalente

 

0,50 puntos

Graduado escolar, 2º da ESO superado

0,25 puntos

 

  • Coñecemento acreditado do idioma galego acreditado polos cursos e titulacions homologadas pola Xunta de Galiza.( só se valorará o grado superior alegado)

 

Iniciación

0,50 puntos

Perfeccionamento

0,75 puntos

Especialización

1,00 puntos

 

Volver