O CONCELLO DE VERÍN OFERTA UNHA PRAZA DE MONITOR/A DEPORTIVA PARA A PISCINA MUNICIPAL
Trátase dun contrato dun ano de duración
O concello de Verín oferta unha praza de monitor/a deportiva/o para a piscina municipal. Ofertan un contrato dun ano de duración.
CONTRATACIÓN DE UNHA PRAZA DE MONITOR/A DEPORTIVA PISCINA MUNICIPAL 2019/2020 |
|
27/09/2019 |
Ultimo día para aportar documentación para baremar. |
30/09/2019 – 14 horas |
Listaxe de admitidos e excluídos. |
01/10/2019 |
Reclamación á listaxe de admitidos e excluídos |
02/10/2019 – 14 horas |
Listaxe provisional |
03/10/2019 |
Reclamación á listaxe provisional |
04/10/2019 |
Listaxe definitiva |
|
Data probable de contratación: do 07/10/2019 ao 06/10/2020.
|
1.- Documentación mínima que teñen que aportar para participar no proceso de selección:
- Fotocopia do DNI
- Declaración de veracidade e Certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais
- Titulación mínima exigida: - Técnico Superior de actividades físicas deportivas
- Título de monitor de natación expedido por la RFEN (Real Federación
Española de Natacion) (75h)
- Posuir curso que acredite coñecemento dalgunha actividade de
fitness: pilates ou zumba ou step, de duración mínima de 40h (non será
obxecto de valoración como cursos de formación)
2.-Motivos de exclusión do proceso de selección:
- Non aportar a documentación mínima esixida
3.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:
- Experiencia profesional:
1.- Por servizos prestados en calquera administración pública na mesma categoría a que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).
2.- Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).
- Minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ao 33% ( 1 punto )que se acreditará mediante certificado de grado de minusvalidez emitido pola Ärea de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
- Cursos de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracions Públicas, universidades, INEM, Fundación tripartita para formación ou sindicatos, e relacionado coas funcions propias da categoría:( máximo 3 puntos )
De 40 a 100 horas |
0,10 puntos/curso |
De 101 a 300 horas |
0,40 puntos/curso |
De 301 a 500 horas |
0,60 puntos/curso |
De 501 horas en adiante |
1,00 puntos/curso |
- Titulación académica distinta a solicitada como requisito imprescindible para o acceso (só se computará a titulación de máis nivel das alegadas ):
Título de doutor/a |
1,75 puntos |
Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro |
1,50 puntos |
Título de enxeñeiro/a, técnico/a, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a |
1,25 puntos |
Título de COU, Título de técnico especialista obtido en FP de 2º grado, Título de Bacharelato actual, Ciclo formativo de grado superior ou equivalente |
0,75 puntos |
|
|
Graduado en secundaria, 2º BUP superado, Título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grado, ciclo formativo de grado medio ou equivalente |
0,50 puntos |
Graduado escolar, 2º da ESO superado |
0,25 puntos |
- Coñecemento acreditado do idioma galego acreditado polos cursos e titulacions homologadas pola Xunta de Galiza.( só se valorará o grado superior alegado)
Iniciación |
0,50 puntos |
Perfeccionamento |
0,75 puntos |
Especialización |
1,00 puntos |