Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA UNHA PRAZA DE AXENTE DE PROXECTOS DE SEGURIDADE

21 Out 2019

Trátase dun contrato dun ano de duración

O concello de Verín fixo público no diario "La Región" do luns 21 de outubro a oferta para a contratación dun/ha axente de proxectos de seguridade. Trátase dun contrato dun ano de duración a xornada completa coa posibilidade de prórroga por igual período.

 

  CONTRATACIÓN DE  1 AXENTE DE PROXECTOS DE SEGURIDADE

31/10/2019

Ultimo día  para aportar documentación para baremar.

04/11/2019 – 14,00 horas

Listaxe de admitidos e excluídos.

05/11/2019

Reclamación á listaxe de admitidos e excluídos

06/11/2019 – 14.00 horas

Listaxe  provisional

07/11/2019

Reclamación á listaxe provisional

08/11/2019

Listaxe definitivo

 

Data  probable de contratación: 11/11/2019

Finalización do contrato: 10/11/2020

(posibilidade de prórroga por igual período)

Tipo de xornada: Completa

 

1.- Documentación mínima que teñen que aportar para participar no proceso de selección:

(a non presentación desta documentación será causa de inadmisión ao proceso)

  • Fotocopia do DI.
  • Declaración de veracidade.
  • Titulación mínima esixida: Título de Bacherelato, ou equivalente
  • Curso de plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación, ou equivalente
  • Curso de deseño e implantación de planes de autoprotección en edificios e instalacións industriais

Ambos cursos deberán ser impartidos por algunha administración pública, universidade, INEM, Fundación tripartita para formación ou sindicatos.

Non serán admitidos cursos impartidos por outras entidades.

 

2.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:

  • Experiencia profesional:

                1.- Por servizos prestados en calquera administración pública na mesma categoría a que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).

                2.- Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).

  • Minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ao 33% ( 1 punto )que se acreditará mediante certificado de grado de minusvalidez emitido pola Ärea de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
  • Cursos de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracions Públicas, universidades, INEM, Fundación tripartita para formación ou sindicatos, e relacionado coas funcions propias da categoría:( máximo 3 puntos )

 

De   40 a 100 horas

0,10 puntos/curso

De 101 a 300 horas

0,40 puntos/curso

De 301 a 500 horas

0,60 puntos/curso

De 501 horas en adiante

1,00 puntos/curso

 

  • Titulación académica distinta a solicitada como requisito imprescindible para o acceso (só  se computará a titulación de máis nivel das alegadas ):

 

Título de doutor/a

1,75 puntos

Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeira/o

1,50 puntos

Título de enxeñeiro/a, técnico/a,

diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a

1,25 puntos

Título de COU, Título de técnico especialista obtido en FP de 2º grado, Título de Bacharelato actual, Ciclo formativo de grado superior ou equivalente

 

0,75 puntos

Graduado en secundaria, 2º BUP superado, Título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grado, ciclo formativo de grado medio ou equivalente

 

0,50 puntos

Graduado escolar, 2º da ESO superado

0,25 puntos

 

  • Coñecemento acreditado do idioma galego acreditado polos cursos e titulacions homologadas pola Xunta de Galiza.( só se valorará o grado superior alegado)

 

Iniciación

0,50 puntos

Perfeccionamento

0,75 puntos

Especialización

1,00 puntos

Volver