Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA UN POSTO DE MESTRA/E DE SAXOFÓN

13 Set 2018

Trátase dun contrato de interinidade a xornada parcial

O concello de Verín fai público hoxe no diario "La Región" as bases para a oferta de emprego, a medio dun contrato de interinidade a xornada parcial para cubrir un proceso de IT, dun/ha mestra/e de saxofón.

As características da oferta son as seguintes:

 

 CONTRATACIÓN DE INTERINIDADE DE 1 PROFESOR/A DE SAXOFÓN

20/09/2018

Ultimo día  para aportar documentación para baremar.

21/09/2018

Listaxe de admitid@s e excluíd@s.

24/09/2018

Reclamación ao listado de admitid@s e excluíd@s.

25/09/2018

Listaxe  provisional

26/09/2018

Reclamación á listaxe provisional

27/09/2018

Listaxe definitiva

 

Data  probable de contratación: 01/10/2018

Duración do contrato: até o fin da I.T. do profesor titular.

Xornada laboral: Parcial (6 h: sábado, 9 ás 14 h e 16 ás 17 h)

 

1.- Documentación mínima que teñen que aportar para participar no proceso de selección:

  • Fotocopia do DNI.
  • Declaración de Veracidade e Certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
  • Titulación mínima exigida: Calquera das seguintes titulacións: Título Superior de Saxofón ou de Clarinete (LOXSE); Título de Profesor Superior de Saxofón ou de Clarinete (Plan 1966); Título Superior de Jazz instrumento principal Saxofón ou  Clarinete; Título Superior de Música (R.D. 631/2010), Especialidade de Interpretación, Itinerario de Vento Madeira,  Modalidade de Saxofón ou de Clarinete.

2.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:

  • Experiencia profesional:

                1.- Por servizos prestados en calquera administración pública na mesma categoría á que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes, (Informe de vida laboral e copias dos contratos de traballo).

                2.- Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes, (Informe de vida laboral e copias dos contratos de traballo).

  • Minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ao 33%, (1 punto)que se acreditará mediante certificado de grado de minusvalidez emitido pola Área de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
  • Cursos de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracions Públicas, universidades, INEM, Fundación Tripartita para formación ou sindicatos, e relacionado coas funcions propias da categoría, (máximo 3 puntos):

De   40 a 100 horas

0,10 puntos/curso

De 101 a 300 horas

0,40 puntos/curso

De 301 a 500 horas

0,60 puntos/curso

De 501 horas en adiante

1,00 puntos/curso

 

  • Titulación académica distinta á solicitada como requisito imprescindible para o acceso (só  se computará a titulación de máis nivel das alegadas):

 

Título de doutor/a

1,75 puntos

Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro

1,50 puntos

Título de enxeñeiro/a, técnico/a,

diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a

1,25 puntos

Título de COU, Título de técnico especialista obtido en FP de 2º grado, Título de Bacharelato actual, Ciclo formativo de grado superior ou equivalente

 

0,75 puntos

Graduado en secundaria, 2º BUP superado, Título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grado, ciclo formativo de grado medio ou equivalente

 

0,50 puntos

Graduado escolar, 2º da ESO superado

0,25 puntos

 

  • Coñecemento acreditado do idioma galego acreditado polos cursos e titulacions homologadas pola Xunta de Galiza, (só se valorará o grado superior alegado):

 

Iniciación

0,50 puntos

Perfeccionamento

0,75 puntos

Especialización

1,00 puntos

 

OBSERVACIÓNS:

No caso de presentar a documentación noutros rexistros administrativos ou por Correos, será imprescindible que se remita por fax (988.41.19.00) copia completa da documentación entregada e selada pola correspondente administración receptora. Dito fax debe ser recibido no Concello de Verín antes das 14 horas do día que finaliza o prazo de presentación de instancias.

As persoas que se presenten a este proceso, salvo negativa en contra do/a interesado/a, e non accedan ao contrato, quedarán inscritas nunha bolsa de emprego para a substitución temporal do profesor/a de saxofón.

SE QUERES DESCARREGAR AS BASES DE CONTRATACIÓN EN FORMATO PDF PICA NO ARQUIVO QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver