Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA SEIS PRAZAS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL

24 Abr 2019

Trátase de contratos de 4 meses de duración

O concello de Verín fixo público na prensa a oferta de seis prazas de Auxiliar da Policía Local. A modalidade contractual será a dun contrato de acumulación de tarefas, que regula o artigo 15.1-b) do Real Decreto lexislativo 2/2015 do 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, exercendo as funcións de Auxiliares da Policía Local, e por mor da tempada de verán do ano 2019 (4 meses).

O procedimento selectivo será por oposición   libre  con   dúas  fases (oposición e  curso de formación  selectivo a realizar na Academia Galega de Seguridade)

As instancias deberán presentarse no rexistro xeral do concello de Verín durante  o prazo de dez días naturais dende o día seguinte a publicación do anuncio (23/4/19).

Xuntarase á instancia a documentación que figura na cláusula 3ª  das Bases que están expostas no taboleiro de anuncios do concello de Verín.

Volver