Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA NOVE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

13 Mai 2019

Trátase de 8 prazas de monitor/a de ocio e tempor libre e 1 de coordinador/a da ludoteca

O concello de Verín fixo público no diario "La Región" do luns 13 de maio a apertura do prazo para presentar solicitudes para 8 postos de traballo temporais de monitor/a de ocio e tempor libre e 1 de coordinador/a da ludoteca.

1A).- PRAZAS:

OITO (8) prazas de MONITOR/A DE OCIO E TEMPO LIBRE

Titulación mínima esixida:

- Graduado escolar ou equivalente

- Curso de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre ou curso de dinamizador de actividades de tiempo libre (educativo, infantil e xuvenil ) 310 horas (requisito non puntuable)

- Curso de primeiros auxilios ou curso de soporte vital básico (requisito non puntuable)

Os postos 1º a 8º serán contratados como Monitor/a da Ludoteca de Verán

Duración do contrato: 24/06/2019 deica o 15/09/2019

Do posto 1º ao 2º, contrato parcial, 6 horas/día

Do posto 3º ao 8º, contrato parcial, 4 horas/día

UNHA (1) praza de COORDINADOR/A LUDOTECA DE VERÁN

Titulación mínima esixida:

- Grao en Educación Social ou Maxisterio

- Curso de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre ou Curso de Monitor/a Sociocultural (requisito non puntuábel)

MODALIDADE CONTRACTUAL: A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado, segundo a xornada que corresponda, do artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015 do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do estatuto d@s traballador@s.

PROCEDEMENTO SELECTIVO: O establecido nas Bases de contratación do persoal laboral do concello de Verín.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Presentaranse no rexistro xeral do concello de Verín durante o prazo de 10 días naturais dende o 14 de maio. Presentarase unha única solicitude e as prazas outorgaranse segundo o posto que ocupe cada candidat@ tras o proceso de selección.

DOCUMENTACIÓN: Xuntarase á instancia os méritos que se aleguen xunto coa documentación que figura na clausula 2.2 f) das Bases reguladoras do réxime de contratación do persoal laboral do concello de Verín.

SE QUERES DESCARREGAR AS BASES ABRE OS PDF QUE ESTÁN DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver