Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VERÍN OFERTA DÚAS PRAZAS PARA CHÓFERES DE ROZADORA

19 Abr 2018

Son contratos de 6 e 4 meses a xornada completa

O concello de Verín fai públicos o anuncio e bases do proceso de contratación de dous postos de chóferes de rozadora. A data probable de contratación é o 15/05/2018, e a duración dos contratos será de seis meses para a persoa que tras o proceso selectivo ocupe a primeira posición no listado de baremación e de catro meses para a persoa que tras o proceso selectivo ocupe a segunda posición no listado de baremación.

As bases son as seguintes:

BASES DE CONTRATACIÓN DE 2 CHOFERES ROZADORA

30/04/2018

Ultimo día para aportar documentación para baremar

02/05/2018

Listado de admitidos e excluídos

03/05/18

Reclamación ao listado de admitidos e excluídos

04/05/2018

Listado provisional

07/05/2018

Reclamación ao listado provisional

09/05/2018

Listado definitivo

 

Data probable de contratación: 15/05/2018

Duración do contrato:

  • 6 MESES : Para a persoa que tras o proceso selectivo ocupe a primeira posición no listado de baremación.
  • 4 MESES: Para a persoa que tras o proceso selectivo ocupe a segunda posición no listado de baremación.

1.- Documentación mínima que teñen que aportar para participar no proceso de selección:

  • Fotocopia do DNI, debidamente cotexada.
  • Declaración de veracidade.
  • Titulación mínima exigida: certificado de escolaridade ou equivalente
  • Permisos de conducir: B, C

2.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:

Experiencia profesional:

1.- Por servizos prestados en calquera administración pública na mesma categoría a que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo na categoría e posto indicado).

2.- Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes. (Informe de vida laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo na categoría e posto indicado).

Minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ao 33% ( 1 punto )que se acreditará mediante certificado de grado de minusvalidez emitido pola Ärea de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.

Cursos de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracions Públicas, universidades, INEM, Fundación tripartita para formación ou sindicatos, e relacionado coas funcions propias da categoría:( máximo 3 puntos )

De 40 a 100 horas

0,10 puntos/curso

De 101 a 300 horas

0,40 puntos/curso

De 301 a 500 horas

0,60 puntos/curso

De 501 horas en adiante

1,00 puntos/curso

  • Titulación académica distinta a solicitada como requisito imprescindible para o acceso (só  se computará a titulación de máis nivel das alegadas ):

Título de doutor/a

1,75 puntos

Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro

1,50 puntos

Título de enxeñeiro/a, técnico/a,

diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a

1,25 puntos

Título de COU, Título de técnico especialista obtido en FP de 2º grado, Título de Bacharelato actual, Ciclo formativo de grado superior ou equivalente

 

0,75 puntos

Graduado en secundaria, 2º BUP superado, Título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grado, ciclo formativo de grado medio ou equivalente

 

0,50 puntos

Graduado escolar, 2º da ESO superado

0,25 puntos

  • Coñecemento acreditado do idioma galego acreditado polos cursos e titulacions homologadas pola Xunta de Galiza.( só se valorará o grado superior alegado)

Iniciación

0,50 puntos

Perfeccionamento

0,75 puntos

Especialización

1,00 puntos

Volver