Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN FAI PÚBLICAS AS BASES PARA AS LISTAXES DE CONTRATACIÓN

11 Feb 2020

Cada unha das listaxes estará vixente tres anos

O concello de Verín fai pública no BOP do 11 de febreiro, por resolución da concelleira delegada de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais de 31/01/2020 a aprobación das bases xerais reguladoras para a contratación do persoal laboral temporal e constitución das bolsas de emprego temporal no concello de Verín, cuxo texto íntegro exponse a continuación.

Primeira.- Obxecto e ámbito aplicación.

Estas bases teñen por obxecto regular a constitución e funcionamento das bases xerais de contratación para o persoal laboral temporal así como das diferentes bolsas de emprego temporal que se poidan crear no concello de Verín, como xestión dos recursos humanos a través do cal se efectuarán, con carácter xeral, as contratacións do persoal laboral temporal que, por motivos urxentes e inaprazables, sexan precisos para a cobertura non permanente das vacantes producidas ou para a atención das eventuais necesidades que poidan demandar os servizos municipais. Cando se trate de persoal contratado ao abeiro de subvencións de carácter finalista recibidas doutra administración ou organismo público, estarase ao disposto nas normas específicas que rexan a dita subvención. Fóra daqueles supostos nos que en virtude dunha subvención outorgada para o efecto ou que outra normativa así o estableza, as bases xerais serán o instrumento para a selección do persoal laboral temporal para cada posto de traballo que se convoque así como as bolsas de emprego naqueles postos que se estime conveniente, en todo caso, conforme aos criterios organizativos e funcionais derivados do previsto, para o efecto, na relación de postos de traballo. De conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (LEPG), as contratacións de persoal laboral temporal que se realicen ao abeiro destas bases requirirán, en cada caso concreto, a xustificación previa da necesidade e urxencia da contratación. Con acreditación, así mesmo, por parte da intervención municipal, da existencia de crédito adecuado e suficiente.A incorporación ás ditas bolsas de emprego para persoal temporal pretendido, deberá adecuarse aos requisitos, supostos e modalidades contractuais previstos pola normativa aplicable, para o efecto, concretamente, e segundo o marco normativo actualmente vixente, ao disposto nos artigos 11 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP) e 27 da Lei de emprego publico de Galicia, no Estatuto dos traballadores; e no artigo 19.dos da Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 (ou previsións normativas concordantes e/ou substitutivas destes).

Segunda.- Ámbito temporal das listas de emprego.

Cada lista de espera resultante do proceso selectivo estará vixente tres anos, (salvo que polo esgotamento de persoas candidatas na lista ou outras necesidades de funcionamento debidamente xustificadas, fose necesario actualizalas nun prazo menor.) para garantir o seu correcto funcionamento. O inicio do prazo de vixencia de cada unha das listas de espera que se confeccionen para cada categoría, computarase dende o día seguinte ao da publicación da   baremación final polos medios previstos. A lista perderá a súa vixencia nos seguintes supostos:

- No suposto de que quedaren esgotadas as persoas dispoñibles e que se proceda á súa renovación

- Se constitúa unha nova bolsa.

 En tanto non se renoven as listas, as anteriores manterán plena vixencia e efectividade.Terceira.- Requisitos das persoas aspirantes. Para poder tomar parte nas respectivas convocatorias de contratación de persoal laboral que leve a cabo o concello de Verín, as persoas aspirantes deberán reunir, ao abeiro do previsto nos artigos 56 do TRLEBEP e 50 da LEPG, os requisitos que se indican a continuación, sen prexuízo daqueloutros que puidesen requirirse segundo a bolsa concreta que se convoque e que se especificarán nas bases específicas respectivas:

a) Nacionalidade: ter a nacionalidade española ou algunha outra que, consonte co disposto no artigo 52 da LEPG, permitao acceso ao emprego público.

b) Idade: ter cumpridos os dezaseis (16) anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Titulación: estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, o título que se sinale nas bases específicas. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

d) Capacidade: posuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións que se deriven do posto para desempeñar. As persoas con diversidade funcional (con algunha discapacidade recoñecida), haberán de acreditar a discapacidade e a capacidade para desempeñar as tarefas ou funcións das prazas ás que aspiran, mediante a oportuna certificación do órgano correspondente.

e) Habilitación: non ter sido despedida mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas(CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía.

f) Compatibilidade: non estar incursa en causa de incompatibilidade de conformidade co previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

Todos os requisitos exixidos deberán posuírse polas persoas aspirantes o día que finalice o prazo de presentación de instancias para o correspondente proceso selectivo.

Cuarta.- Presentación de instancias

 As persoas interesadas en formar parte no proceso de selección para a contratación do persoal laboral, así como nas diferentes bolsas/listas de emprego temporal que se constitúan, deberán presentar instancias dirixidas ao alcalde do Concello de Verín. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante, o seu enderezo, un teléfono e un enderezo de correo electrónico para podelo localizar, así como a denominación do posto ofertado e achegarase a seguinte documentación:

- Fotocopia en vigor do documento nacional de identidade ou da tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios.

- Titulación esixida para desempeñar o posto ao que opta.- Así como aqueloutros que se determinen nas bases específicas de cada posto. Os aspirantes deberán presentar unha instancia (anexo I) por cada un dos postos de traballo solicitados así como a declaración responsable (anexo II). A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro do concello ou en calquera das formas establecidas na Lei39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Quinta.- Admisión dos aspirantes.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía/Órgano competente en materia de persoal (no prazo máis breve posible) aprobará a lista provisional das persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello (http://verin.sedelectronica.gal) atendendo o calendario indicado nas bases específicas de cada convocatoria. No caso da posible contratación polo sistema de creación de bolsas/listas de emprego (atendendo as bases específicas) os aspirantes disporán dun prazo de 7 días hábiles para reclamar o listado provisional de bolsas de emprego. O órgano competente en materia de persoal aprobará a lista definitiva que será publicada no taboleiro de anuncios e nasede electrónica do concello (http://verin.sedelectronica.gal)

Sexta.- Actualización de méritos nas bolsas de emprego

Durante o mes de xaneiro de cada ano, as persoas integrantes das listas poderán incorporar méritos para a súa actualización. No mes de marzo de cada ano publicaranse as listas provisionais actualizadas consonte ás solicitudes presentadas, e abrirase un prazo de 7 días hábiles para poder presentar reclamacións ás puntuacións. Unha vez resoltas as posibles reclamacións ás listas provisionais, o órgano competente publicará as listas definitivas .As listas definitivas deberán permanecer publicadas na sede electrónica / pax. web do concello ata a seguinte actualización de méritos. En tanto non se renoven as listas, as anteriores manterán plena vixencia e efectividade.

Sétima.- Tribunal cualificador

A composición do tribunal adecuarase aos criterios de imparcialidade e profesionalidade, así como aos restantes requisitos previstos para o efecto polo Real decreto lexislativo 5/2015, do30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, e pola Lei 2/2015, do 29de abril de emprego publico de Galicia, así mesmo tenderá á paridade entre mulleres e homes Estará conformado por un número impar de membros que serán nomeados para cada proceso. O Tribunal poderá dispoñer a incorporación, nos supostos en que así o estime oportuno, tras acordo previo formal adoptado ao respecto, e para os efectos da asistencia/colaboración na súa actuación e/ou traballos propios, de asesoras/es, que actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas/profesionais en base ás cales foran requiridas/os para o dito asesoramento. Os membros do tribunal absteranse de intervir, e comunicaranllo á autoridade convocante, cando concorra algunha das circunstancias previstas para o efecto no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1de outubro, de réxime xurídico do sector público.

En ningún caso poderán formar parte dos órganos de selección:

1) O persoal de elección ou designación política

2) O persoal funcionario interino ou laboral temporal

3) O persoal eventualA pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual e non poderá ostentarse esta representación ou por conta de ninguén.

Oitava.- Sistema de selección e valoración de méritos

O sistema selectivo para empregar ordinariamente en atención ás particulares características e condicións das prazas afectadas e das necesidades laborais, será o concurso-oposición ou concurso. Especificándose en cada convocatoria de bases específicas. En ambos os supostos, aplicaranse os criterios xerais e básicos sinalados nestas bases, xunto cos previstos, de forma complementaria, nas respectivas bases específicas.

8.2.- No suposto de concurso-oposición:A fase de oposición precederá á do concurso, e para acceder aela será preciso ter superada previamente a fase de oposición.

8.3.- No suposto de concurso: Consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoasaspirantes e admitidas no proceso, conforme aos criterios sinalados nestas presentes bases, así como outros que se poidan fixar nas específicas, reguladoras da creación de cada bolsa,tras a motivación por parte do órgano convocante dos méritos que nela se indiquen.

8.3.a) Experiencia profesional, que será valorada no seu conxunto, ata o máximo de puntuación fixado en cada convocatoria e bases específicas. Nas diferentes convocatorias para a contratación do persoal laboral, valorarase a experiencia profesional, segundo os criterios básicos sinalados a continuación, e ata o máximo de puntos que se estableza nas respectivas convocatorias das bases específicas non podendo superar o 60% da puntuación máxima que se poida alcanzar:

8.3.a.1) Polos servizos prestados, na Administración local ou entidade do sector público (en réxime funcionarial, laboral, ou estatutario), desempeñando praza ou funcións equivalentes á da bolsa á que se opta: 0,20 puntos por cada mes completo de servizos prestados.

8.3.a.2) Atendendo ás particularidades das necesidades laborais para cubrir coa bolsa de emprego que se vaia crear, poderanse valorar, tamén, os servizos desempeñados en empresa/entidade privada, en posto ou funcións equivalentes á da bolsa á que se opta: 0,15 puntos por cada mes completo de servizos prestados. Para a acreditación dos devanditos méritos deberase achegar copia da seguinte documentación xustificativa:-Certificación expedida pola administración pública na que prestou servizos, onde conste o grupo e o posto de traballo que desempeñou, e o cómputo total de días, meses e anos traballados, acompañado dun informe de vida laboral.-Contratos de traballo acompañados do informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no caso de postos desempeñados no sector privado. Os servizos prestados alegados, calcularanse segundo os datos finais que consten na vida laboral. Non se terán en conta períodos inferiores ao mes.

8.3.b) Formación específica/complementaria relacionada coapraza e/ou funcións para desempeñar; que será valorada, ata omáximo de puntuación fixado nas bases específicas de cadaconvocatoria non pudendo superar o 40% da puntuación máximaa alcanzar.Serán obxecto de valoración as accións de formación directamente relacionadas coas funcións e/ou competencias profesionais para desempeñar, impartidas, organizadas, recoñecidas e/ou homologadas por administracións públicas, entidades ou organismos dependentes delas, universidades, Inem, así como sindicatos. A valoración da dita formación realizarase conforme aos criterios sinalados a continuación, e ata o máximo de puntos que se estableza nas respectivas bases específicas, así como a posibilidade de limitar a antigüidade do curso que se vaia baremar:

Duración; Puntos Entre 20-49 horas; 0,10Entre 50-99 horas; 0,20Entre 100 – 299 horas; 0,40Entre 300 – 599 horas; 0,80A partir de 600 horas; 1,50Para a acreditación desta formación deberase achegar copiado título correspondente ou certificado acreditativo expedido pola entidade/organismo organizador ou responsable da actividade formativa. Nos devanditos documentos acreditativos deberá constar a data da súa realización, a súa duración, asícomo o seu obxecto, Non serán valoradas as accións formativas de menos de 20horas, nin a asistencia a xornadas, seminarios, simposios ou similares.

8.3.c) Coñecemento do idioma galego: Para garantir o uso do galego nas relacións coa Administración será valorada a posesión do certificado de lingua galega (Celga) segundo a seguinte táboa ou titulación equivalente, sendo esta homologada pola Xunta de Galicia (valorarase soamente o nivel de grao superior): Nivel coñecemento do idioma galego; Puntos Celga I ou equivalente; 0,20 Celga II ou equivalente; 0,40 Celga III ou equivalente; 0,60Celga IV ou equivalente; 0,80Celga V ou equivalente; 1

Novena.- Cualificación final do proceso e aprobación das bolsas de emprego temporal

 a) No suposto de se ter realizado concurso – oposición: a puntuación obterase sumando as puntuacións acadadas nas fases de oposición e de concurso.

b) No suposto de se ter realizado concurso. Unha vez finalizado o proceso de valoración de méritos, os tribunais de selección adoptarán acordo propoñendo a relación das persoas aspirantes que integrarán as bolsas de emprego temporal correspondentes (no caso da súa creación), ordenadas de maior a menor puntuación obtida.

No caso de empate estableceranse as seguintes regras:

1º. Prevalece o candidato que máis puntos obtivese na orde das letras de baremo

2º. Prevalece o candidato de sexo feminino

3º. Prevalece o candidato de maior idade

4º. Prevalece o candidato que lle coincida a letra do seu primeiro apelido ou máis se lle acerque a súa letra a do último sorteo convocado pola Xunta de Galicia.

O dito acordo farase público no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello, sinalando as puntuacións correspondentes a cada aspirante desagregadas polas súas fases e con indicación, así mesmo, dos recursos pertinentes. No caso de creación da correspondente bolsa de emprego, a contratación de persoal temporal para cada un dos postos de traballo ofertados efectuarase seguindo a orde de puntuación establecida na bolsa de emprego. A inclusión na bolsa de emprego non implicará en ningún caso a adquisición da condición de empregado/a público/a, constituíndo unicamente unha expectativa de dereito de ser chamado/a para ocupar o correspondente posto de traballo.

Décima. - Funcionamento da bolsa de emprego temporal

As persoas que figuren nalgunha das listas de espera constituídas poderanse atopar nalgunha das seguintes situacións:

a) Dispoñibles: situación desde a que se é susceptible de recibir o chamamento ou oferta para a súa contratación.

b) Contratadas: situación na que a persoa integrante da lista atópase prestando servizos efectivos no concello ao abeiro desta bolsa de emprego. Finalizada a vixencia do correspondente contrato, a persoa en activo pasará á ultima posición da lista se acumulou un período de 12 meses mínimos traballados no concello de Verín. Permanecerá na última posición un período de 4 meses, volvendo de forma automática á súa posición na lista ao remate dese período. En todas as contratacións terase en conta a duración máxima prevista para cada modalidade contractual e os límites establecidos legalmente para evitar o encadeamento de contratos laborais temporais. Deste xeito, co fin de que se respecten os principios de acceso ao emprego público, os candidatos que figuren nas correspondentes listas de contratación deberán cumprir, no momento no que se lle oferte un posto de traballo, o requisito de que non estivesen contratados no Concello de Verín durante un prazo superior a 24 meses nun período de 30 meses, con ousen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo, mediante dous ou máis contratos temporais, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, agás nos supostos de contratacións laborais temporais de interinidade por vacante ou substitución. Este requisito enténdese para aqueles candidatos que, cunha nova contratación, superen o prazo de 24 meses nun período de 30 meses, agás nos referidos supostos de interinidade. As listaxes coas súas puntuacións definitivas deberán ficar expostas ao público no taboleiro de anuncios do concello e na web ou sede electrónica coa vixencia ata a seguinte actualización de méritos. Cando se deba proceder a un nomeamento interino ou a unha contratación temporal, ofertaráselle o posto de traballo á primeira persoa aspirante da lista, polos medios de contacto que a persoa candidata consigne na súa instancia, teléfono móbil, fixo ou correo electrónico. Realizaranse un mínimo de dúas chamadas telefónicas por empregados públicos do concello, durante unha mesma xornada laboral (entendida dende as 9:00 as 13:00 horas), a distinta horas e cun intervalo mínimo dunha hora entre elas, estando presentes dous empregados no momento de realizar a chamada No caso de non terse producido resposta ás ditas chamadas, remitirase un correo electrónico final (dentro da mesma xornada). Quedará constancia por escrito no expediente deste acto mediante dilixencia asinada polos empregados públicos encargados do chamamento. Co obxecto da súa xustificación e acreditación administrativa, os empregados municipais que se encarguen dos chamamentos farán constar, mediante dilixencia emitida para o efecto (e que constará no expediente correspondente), os trámites efectivamente realizados, indicando os chamamentos realizados, as datas e horas nos que se realizaron as chamadas así como o envío de correos electrónicos; se as persoas aspirantes chamadas responderan e, no seu caso, se aceptaran en prazo, as respostas recibidas e a documentación xustificativa achegada polas persoas chamadas, sen prexuízo daqueloutras circunstancias que, de ser o caso, se estime oportuno reflectir.

— Se se obtén comunicación directa coa persoa candidata, esta deberá responder dentro do día hábil seguinte, se acepta ou renuncia ao posto ofertado. Se recibe a comunicación por correo electrónico tamén deberá poñerse en contacto co Servizo de Recursos Humanos no día hábil seguinte ao chamamento, contado dende o momento que se lle enviou o dito correo electrónico. Se a persoa seleccionada renuncia ao posto ofertado, deberá facelo por escrito. Dúas renuncias aos chamamentos suporán a exclusión da lista.

— Se non se obtén resposta do candidato dentro do día hábil seguinte, entenderase que renuncia ao posto e procederase a chamar á seguinte persoa candidata, quedando excluída da lista durante un ano. Pasado ese período de tempo, a persoa candidata excluída poderá solicitar novamente a reincorporación a lista correspondente. En casos de urxencia, como no servizo de axuda a domicilio, socorrismo, e aquel que se estime de necesidade urxente polo órgano competente, a contestación terá carácter inmediato, indicándose na chamada as condicións e información da contratación polo responsable de persoal. No suposto de aceptación da oferta, a Alcaldía/órgano competente resolverá a incorporación, na modalidade de contrato temporal que proceda segundo as necesidades para cubrir e na data prevista para o efecto. Establecerase o período de proba para o candidato seleccionado que figure no convenio de persoal laboral do concello de Verín ou na normativa vixente para o persoal laboral, que en todo caso será dun mínimo de 15 días. Aos candidatos contratados requiriráselles para que presenten no día hábil seguinte ao chamamento unha declaración responsable de aceptación do posto na que manifeste:

- Aceptación expresa do posto.

- Que segue reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos e acreditados no momento de terse presentado ao proceso selectivo para a creación da bolsa de traballo. O falseamento de calquera dos seus apartados implica a nulidade da eventual contratación e as medidas disciplinarias que poidan aplicarse. No suposto de que a persoa interesada alegue algunha das causas que se relacionan a continuación, deberá achegar a documentación xustificativa fidedigna delas, no prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao do chamamento, permanecendo no mesmo lugar da lista sen penalización.

- Ingreso hospitalario acreditado.

- Estar en situación de incapacidade temporal transitoria por continxencias comúns ou profesionais, acreditado co correspondente parte médico de baixa. Todo isto, sen prexuízo doutras causas que poidan alegarse e que serán obxecto de apreciación e estimación discrecional por parte do órgano competente en materia de persoal, oída previamente a Comisión de Control.

Undécima.- Comisión de Control das Bases Xerais de Contratación

Segundo o artigo 61,7 do Real decreto lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do estatuto básico do empregado público: “as administracións públicas poderán negociar as formas de colaboración que no marco dos convenios colectivos fixen a actuación das organizacións sindicais no desenvolvemento dos procesos selectivos”. Á marxe das funcións propias do Tribunal de selección que se nomee en cada caso, crearase unha comisión de control das bases xerais para a contratación do persoal ao servizo do concello. A composición da dita comisión será a seguinte:

- O presidente da Corporación ou persoa en quen delegue

- Dous representantes do concello, designados pola Presidencia, que teñen que ser traballadores fixos, funcionario ou laboral nese momento.

- Un representante de cada unha das centrais sindicais que teñan representante na mesa de negociacións. O sistema de votación e adopción de acordos será o mesmo que o previsto polo EBEP, é dicir: un voto da Administración e un voto da parte sindical. As funcións da comisión de control serán :

a) Informar con carácter previo á súa aprobación, sobre as bases xerais e específicas que rexan as convocatorias de contratación temporal que convoque o Concello de Verín.

b) Informar sobre as propostas de resolución que realicen os tribunais selectivos ou órganos administrativos.

c) Informar, con carácter preceptivo, sobre as alegacións, reclamacións e os recursos que poidan interpor os interesados contra calquera dos actos ditados para a contratación do persoal laboral do Concello de Verín.

d) Formular propostas de modificación das bases xerais reguladoras da contratación do persoal laboral temporal.

e) Informar sobre os proxectos de modificación das bases xerais reguladoras da contratación do persoal laboral temporal. Todos os informes emitidos pola dita comisión terán carácter preceptivo e non vinculante. O funcionamento da comisión axustarase ao disposto nas normas comúns de funcionamento dos órganos colexiados, en concreto ao disposto para a mesa xeral de negociación no EBEP, sen prexuízo de que a propia comisión poida establecer ou completaras súas normas específicas de funcionamento. Os membros da comisión terán acceso aos expedientes íntegros das convocatorias de postos de traballo que poida realizar o Concello de Verín, e terán deber de sixilo con respecto ao contido dos expedientes aos que teñan acceso, podendo incorreren responsabilidades persoais no caso dun uso inadecuado do contido ou datos aos que accedan en virtude da súa función. Quedan derrogadas calquera outras bases xerais, actos ou acordos que, con carácter xeral, regulen procesos selectivos para o acceso ao emprego público do Concello de Verín. Estas bases xerais esgotan a vía administrativa e fronte a elas poderá interporse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o alcalde do Concello de Verín, ou ben directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses; ambos os prazos contados dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Volver