Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN BUSCA A UN/HA MESTRA/E DE CERÁMICA

04 Set 2019

Traballará na escola de artes e oficios

 

  CONTRATACIÓN DE 1 PROFESOR/A DE CERAMICA

 ( ESCOLA DE ARTES E OFICIOS )

13/09/2019 – 14.00 horas

Último día  para aportar documentación para baremar.

16/09/2019 – 14.00 horas

Listado de admitidos e excluídos.

17/09/2019

Reclamación ao listado de admitidos e excluídos

18/09/2019 – 14.00 horas

Listado  provisional

19/09/2019

Reclamación ao listado provisional

20/09/2019 – 14.00 horas

Listado definitivo

 

Data  probable de contratación: 23/09/2019

Duración do contrato ata o 15/06/2020

Xornada laboral: Parcial

1.- Documentación mínima que teñen que aportar para participar no proceso de selección:

  • Fotocopia do DNI
  • Declaración de Veracidade e Certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais
  • Titulación mínima exigida: Bacharelato superior  ou equivalente
  • Otros requisitos a exigir: Deberá acreditar a capacitación técnica para ensinar a producción de formas cerámicas con técnicas manuais e mecánicas (uso de torno eléctrico e accesorios), desde o acondicionamento e a preparación das materias primas ao acabado e cocción.

2.- Documentación que poden aportar para acadar méritos:

  • Experiencia profesional:

                1.- Por servizos prestados en calquera administración pública na mesma categoría á que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes, (Informe de vida laboral e copias dos contratos de traballo).

                2.- Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes, (Informe de vida laboral e copias dos contratos de traballo).

  • Minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ao 33%, (1 punto)que se acreditará mediante certificado de grado de minusvalidez emitido pola Área de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
  • Cursos de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracions Públicas, universidades, INEM, Fundación Tripartita para formación ou sindicatos, e relacionado coas funcions propias da categoría, (máximo 3 puntos):

De   40 a 100 horas

0,10 puntos/curso

De 101 a 300 horas

0,40 puntos/curso

De 301 a 500 horas

0,60 puntos/curso

De 501 horas en adiante

1,00 puntos/curso

  • Titulación académica distinta á solicitada como requisito imprescindible para o acceso (só  se computará a titulación de máis nivel das alegadas):

Título de doutor/a

1,75 puntos

Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro

1,50 puntos

Título de enxeñeiro/a, técnico/a,

diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a

1,25 puntos

Título de COU, Título de técnico especialista obtido en FP de 2º grado, Título de Bacharelato actual, Ciclo formativo de grado superior ou equivalente

 

0,75 puntos

Graduado en secundaria, 2º BUP superado, Título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grado, ciclo formativo de grado medio ou equivalente

 

0,50 puntos

Graduado escolar, 2º da ESO superado

0,25 puntos

  • Coñecemento acreditado do idioma galego acreditado polos cursos e titulacions homologadas pola Xunta de Galiza, (só se valorará o grado superior alegado):

Iniciación

0,50 puntos

Perfeccionamento

0,75 puntos

Especialización

1,00 puntos

 

OBSERVACIÓNS:

No caso de presentar a documentación noutros rexistros administrativos ou por Correos, será imprescindible que se remita por fax (988.41.19.00) copia completa da documentación entregada e selada pola correspondente administración receptora. Dito fax debe ser recibido no Concello de Verín antes das 14 horas do día que finaliza o prazo de presentación de instancias

Volver