Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VEREA SELECCIONA UN/HA ENCARGAD@ PARA A PISCINA MUNICIPAL

15 Xun 2017

Ofertan contrato temporal

A xunta de goberno local do concello de Verea, en sesión extraordinaria de data 7 de xuño de 2017, aprobou as bases reguladoras que rexen a convocatoria do proceso de selección , para a contratación, con carácter de laboral temporal, de un/unha encargado/a para a piscina municipal, mediante o sistema de concurso.
1. Número de prazas: 1
1.2.- Natureza do contrato: laboral temporal a xornada completa,para obra/servizo determinado.
1.3.- Duración do contrato: 2,5 meses.
1.4.- Sistema de selección: concurso
O prazo, e lugar de presentación de solicitudes e documentación, será de 10 días naturais, contados a partires do seguinte ao da publicación no BOP (15/6/17). As solicitudes e demais documentación, presentaranse no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou polas outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. Calquera que sexa o medio de presentación da documentación, o prazo remata ás 14.00 horas. Se o día en que finalice o prazo, fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. No suposto de presentarse a documentación no rexistro doutra Administración Pública ou en correos , os aspirantes deberán comunicalo mediante fax ao concello, n.º 988 430 842.No suposto de que se opte por presentar a documentación ante una oficina de correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada, segundo o establecido no artigo 31 do Real decreto 1829/1999 de 3 de decembro, polo que se regula a prestación dos servizos postais. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello, e na páxina web do concello de Verea: www.concellodeverea.com. Así mesmo o modelo de solicitude (anexo I) e a declaración responsable (anexo II) poderá obterse na mesma páxina web. Contra a convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven do proceso selectivo, poderán ser impugnados polas persoas interesadas nos casos e na forma establecida pola Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Volver