Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VEREA OFERTA UNHA PRAZA DE TRACTORISTA

02 Mai 2019

Trátase dun contrato de catro meses de duración

O concello de Verea fai pública no BOP do 2 de maio, en virtude do acordo da xunta de goberno local de data 26 de abril de 2019, a convocatoria do concurso oposición para a provisión da seguinte praza:
- Denominación do posto: tractorista.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
- Duración do contrato: 4 meses.
As bases que rexen a convocatoria pódense obter na sede electrónica do Concello de Verea, https://concellodeverea.sedelectronica.gal, e nas oficinas municipais.
O prazo e lugar de achegamento de instancias, así como a documentación que se deberá incluír na solicitude, será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día hábil ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do concello de Verea, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou polas outras formas  previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común. As solicitudes que se entreguen en rexistro distinto ao do concello de Verea, que respectarán en todo caso os prazos establecidos no parágrafo anterior, deberán adiantarse por fax ou correo electrónico (concello.verea@eidolocal.es) ao concello mediante copia da instancia debidamente selada dentro do prazo de presentación de instancias No caso de que se presenten na oficina de correos deberán presentarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario/a de correos antes de ser certificada, e adiantarase igualmente por fax.

Volver