Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VEREA OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA

23 Xun 2017

Traballará nas piscinas municipais

A xunta de goberno local do concello de Verea, na sesión extraordinaria de data 7 de xuño de 2017, aprobou as bases reguladoras que rexen a convocatoria do proceso de selección para a contratación con carácter de laboral temporal de un/ha socorrista para as piscinas municipais, mediante o sistema de concurso.
1.- Socorrista
1.1.- Número de prazas: 1
1.2.- Natureza do contrato: laboral temporal, a tempo parcial,
para obra/servizo determinado.
1.3.- Duración do contrato: 3 meses.
1.4.- Sistema de selección: concurso.
O prazo, e lugar de presentación de solicitudes e documentación, será de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP (23/6/17). As solicitudes e demais documentación, presentaranse no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 14 horas, ou polas outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común. Calquera que sexa o medio de presentación da documentación, o prazo remata ás 14 horas. Se o día en que finalice o prazo, fose sábado ou día inhabil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. No suposto de presentarse a documentación no rexistro doutra administración pública ou en correos, os aspirantes deberán comunicarllo mediante fax ao concello, n.º 988430842. No suposto de que se opte por presentar a documentación ante unha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada, segundo o establecido no artigo 31 do Real decreto 1829/1999 do 3 de decembro, polo que se regula a prestación dos servizos postais O texto íntegro das bases de selección podes velo abrindo o pdf que está debaixo da fotografía. Contra a convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven do proceso selectivo, poderán ser impugnados polas persoas interesadas nos casos e na forma establecida pola Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Volver