Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VEREA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

06 Feb 2019

Son para auxiliar administrativ@ e pión de obras públicas

O Concello de Verea fai pública no BOP do 6 de febreiro, en virtude do acordo da xunta de goberno local de data 31 de xaneiro de 2019, a convocatoria de concurso-oposición para a provisión das seguintes prazas:
1º.- Un/ha peón/a de obras públicas, contrato laboral temporal a xornada completa 10 meses.
2º.- Un/ha auxiliar administrativo, contrato laboral temporal a xornada completa 10 meses.
As bases que deberán rexer a convocatoria pódense obter na paxina web do Concello de Verea: www.concellodeverea.com e nas oficinas do concello. O prazo de achegamento de instancias, así como a documentación que se deberá incluír na solicitude, será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día hábil ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Volver