Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRIVES OFERTA UNHA PRAZA DE TRACTORISTA

07 Mai 2019

Tamén se crea a bolsa de emprego para o mesmo posto

O concello de Trives fai públicas no BOP do 7 de maio as bases de selección mediante concurso de méritos para o posto de tractorista.

As bases teñen por obxecto regular o procedemento para a creación dunha bolsa de emprego, referida ao persoalnecesario para a cobertura, con carácter temporal, do posto de tractorista, que se considera servizo prioritario e esencial. A bolsa de emprego, de non haber acordo en contrario, tamén será de aplicación para as contratacións laborais temporais, dende a entrada en vigor das presentes bases ata o día 31 de decembro do ano 2019, respectando, en todo caso, as disposicións legais vixentes, podendo prorrogarse un ano máis, isto é, ata o 31 de decembro de 2020, mediante decreto de Alcaldía. Unha vez creada a bolsa de emprego e durante o seu período de vixencia, cubrirase o posto de traballo de carácter temporal que se concreta nas presentes bases

Se queres descarregar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver