Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA UN POSTO DE SOCORRISTA

05 Xul 2018

Traballará nas piscinas municipais

O concello de Trasmiras, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 5 de xullo o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase do posto para un/ha socorrista das piscinas municipais. A duración do contrato é como máximo 2 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso, e a modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais, no taboleiro de anuncios e no apartado de anuncios da sede electrónica municipal: http://trasmiras.sedelectronica.gal  O prazo de presentación de solicitudes é de 3 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedrayo, 174, 32695.-Trasmiras) en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou por outro calquera medio admitido en dereito. Se o último día fose sábado ou inhábil o prazo rematará o día seguinte hábil.         

Volver