Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

07 Xun 2017

Trátase de contratos laborais temporais

O concello de Trasmiras, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dos postos para  1 chófer de máquina mixta e 1 peón de servizos básicos de mantemento. A duración do contrato será de 3 meses, e a modalidade de contratación contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal http://trasmiras.sedelectronica.gal  O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (Rúa Otero Pedrayo n.º 174, 32695.-Trasmiras) en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou por calquera outro medio en dereito

Volver