Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA DOUS POSTOS DE PIÓNS

17 Mar 2018

É un contrato laboral de seis meses de duración

O concello de Trasmiras publica no BOP, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal por resolución da alcaldía con data 01 de marzo de 2018, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
- Número e denominación dos postos: 2 pións de mantemento servizos básicos.
- Requisitos esixidos: ademais dos xerais contemplados nas bases desta convocatoria os candidatos deberán estar en posesión do permiso de condución clase B.
- Duración do contrato: 6 meses.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Sistema de selección: concurso.
- Funcións: as propias do posto de traballo.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal
http://trasmiras.sedelectronica.gal
- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles,contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Trasmiras (Rúa Otero Pedraio, n.º 174, 32695 Trasmiras) en horario de 9.00 horas a 14.30 horas, ou por calquera outro medio en dereito.

Volver