Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

13 Xun 2018

Formarán as dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

O concello de Trasmiras fai público no BOP do 13 de xunho, por decreto da alcaldía con data 11 de xuño de 2018, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e do Mar e o Concello de Trasmiras para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa. Son postos para dous/dúas xefas/es de brigada con carne B; dous/dúas pións-condutoras/es con carné B e seis pións de brigada. A duración do contrato será de tres meses, e a modalidade de contratación, contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Trasmiras en horario de oficina e na sede electrónica: http//:trasmiras.sedelectronica.gal

Volver