Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRASMIRAS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

28 Nov 2018

É para persoal laboral temporal mediante concurso oposición

O concello de Trasmiras fai pública no BOP do 28 de novembro por resolución da alcaldía do 26 de novembro de 2018, a aprobación das bases de selección para a proceder á creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar para concello de Trasmiras en réxime de persoal laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir os postos das vacantes que se produzan por enfermidade, maternidade, vacacións, etc..., e as altas que procedan de novos usuarios, dunha maneira rápida e áxil, para poder continuar dando o servizo os veciños/as deste concello.
- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
- Xornada: a determinar segundo as necesidades de cada momento.
- Servizo: servizos sociais, auxiliares de axuda no fogar deste concello.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Duración do contrato: segundo a necesidade de contratación.
- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 h a 14.30 h ou polas outras formas previstas na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras, situado nas oficinasmunicipais e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras.

Volver