Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA UNHA PRAZA DE EDUCADOR/A FAMILIAR

16 Feb 2019

Trátase dun contrato temporal a xornada completa

O concello de Toén fai públicas no BOP do 16 de febreiro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, a publicación do resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 261/2018).
- Número e denominación dos postos: 1 educador/a familiar
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: ata o día 31/10/2019.
- Sistema de selección: concurso de méritos .
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Toén (Rúa Vilar 65, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en Dereito

Volver