Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SARREAUS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

30 Nov 2018

Farano por medio do sistema de concurso-oposición

O concello de Sarreaus fai pública no BOP do 30 de novembro por resolución da alcaldía con data 28 de novembro de 2018, a aprobación das bases de selección para proceder á creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar para o concello de Sarreaus, en réxime de persoal laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir os postos dos vacantes que se produzan por enfermidade, maternidade, vacacións etc ...... e as altas que procedan de novos usuarios.
- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
- Xornada: para determinar segundo as necesidades de cada momento.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Duración do contrato: segundo a necesidade de contratación.
Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 7 días contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 h a 14.30 h ou polas outras formas previstas na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administración públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Sarreaus, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica.

Volver