Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIAS OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

27 Xun 2019

Trátase de 8 pións e 2 xefas/es de brigada

O concello de Sandiás, unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2019, publica no BOP do 27 de xuño o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e convocatoria ao concurso-oposición (Convenio coa Xunta de Galicia para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado con fondos FEADER):
1.- Número e denominación das prazas:
- 8 traballadoras/es como pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais con disposición de condución.
- 2 traballadores como xefas/es de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado a tempo completo.
3.- Duración do contrato: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición
5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade da contratación e do cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e realización do servizo, cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais, na súa páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal)
7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na página web do concello (www.sandias.es), na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver