Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SANDIÁS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

01 Out 2018

É para o posto de traballador/a social

O concello de Sandiás fai pública no BOP do 1 de outubro a aprobación da constitución dunha bolsa de emprego para o desempeño do posto de traballador/a social. Por resolución da alcaldía do 26 de setembro de 2018, aprobáronse as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo "Traballador/a social". A duración da bolsa de emprego abranguerá todo o ano 2019, prorrogable por un ano máis, sendo a xustificación da necesidade a contratación temporal de traballador/a social durante o ano 2019, cando sexa necesario.
1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
2. Xornada: completa.
3. Servizo: servicios sociais, traballador/a social do concello de Sandiás.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 h.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais, na páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello de Sandiás, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver