Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
bases_contratacion_bolsa_emprego_sandias
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIAS APROBA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

24 Feb 2016

Aprobadas as bases dunha bolsa de emprego para o desempeño do posto de "Auxiliar de atención de velorios, centro social, traballos de limpeza e outras tarefas"

Publícase no BOP de hoxe por acordo da alcaldía do 21 de xaneiro de 2016, as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo de "Auxiliar de atención de velorios, centro social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases de réxime local".

O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello de Sandiás, con enderezo no Campo de San Nicolás, 2 32692 Sandiás- Ourense e teléfono 988 465 001, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
A xornada queda por determinar segundo a necesidade de cada momento.
O servizo consiste na atención de velorios, centro social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985, de bases de réxime local.
O sistema de selección será por concurso de méritos, sendo a duración do contrato segundo a necesidade da contratación.

 

Volver