Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SANDIAS ABRE UNHA BOLSA DE EMPREGO

30 Ago 2017

É para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Sandias publica no BOP do 30 de agosto a convocatoria extraordinaria e urxente para formar parte da bolsa de emprego do concello de Sandiás para o desempeño de postos de auxiliar de axuda no fogar por esgotamento da lista anterior. Por acordo de alcaldía, do 23 de agosto de 2017, aprobouse a convocatoria extraordinaria e urxente para formar parte da bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo "auxiliar de axuda no fogar" por esgotamento da listaxe anterior debido ao aumento de horas asignadas pola Xunta de Galicia ao concello de Sandiás. A duración da bolsa de emprego: será durante o 2017, e prorrogable por un ano máis. A xustificación da necesidade é a contratación temporal de auxiliares para o Servizo de Axuda no Fogar durante o ano 2017, cando sexa necesario, así tamén por aumento de horas concedidas de prestación do Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia, ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada está por determinar segundo a necesidade de cada momento. O sistema de selección é por concurso de méritos. A duración do contrato segundo a necesidade da contratación. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes, debido á urxencia da contratación para a prestación do servizo é de 6 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais e súa páxina web (www.sandias.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello de Sandiás e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver