Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN XOAN DE RIO OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O

18 Abr 2018

Crea tamén unha bolsa de emprego

O Concello de San Xoán de Río (Ourense) proxecta a contratación en réxime laboral temporal de un/ha auxiliar administrativa/vo financiada con cargo á subvención de empregabilidade (Resolución da Deputación Provincial de Ourense do 21.11.2017  BOP 274 de 29/11/2017), e creación de bolsa de traballo para cubrir este posto se fose necesario. A Presidencia aprobou as bases da convocatoria mediante resolución n.º 24/2018, do 12 de abril. Estas bases están ao dispor das/os aspirantes ao posto no concello e na páxina web, onde poderán examinalos e/ou obtelas a través do correo electrónico: concello@concellosanxoanderio.com
O prazo para a presentación de solicitudes segundo o modelo oficial comezará na data de publicación do presente anuncio no BOP de Ourense. Ao tempo, poderanse presentar reclamacións e/ou alegacións ás bases aprobadas, sen que as reclamacións suspendan a tramitación do procedemento, no mesmo prazo ao outorgado para a presentación de solicitudes.

Volver