Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA OFERTA 8 POSTOS TEMPORAIS

26 Xun 2018

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello de San Cristovo de Cea fai pública no BOP do 26 de xuño a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por acordo da xunta de goberno local do 28 de maio de 2018 para as prazas (convenio de colaboración coa consellaría do medio rural 1 xefe/a de brigada, 1 pión condutor/a e 6 pións forestais para a formación de unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración do contrato de 3 meses, e o sistema de selección por concurso-oposición. O prazo e lugar de presentación de instancias farase nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello www.concellodecea.com

 

Volver