Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN CIBRAO OFERTA TRES PRAZAS DE SOCORRISTAS

09 Abr 2019

Son contratos de tres meses de duración

O concello de San Cibrao fai públicas no BOP do 9 de abril as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición para cubrir tres prazas de socorristas para as piscinas municipais. O obxecto das bases é regula-la contratación laboral temporal para cubrir tres prazas de socorristas para as piscinas municipais de Soutopenedo e Charcas da Mora.
As funcións a desenvolver serán as seguintes:
- Protexer aos bañistas das piscinas municipais e socorrelos en caso de accidente.
- Impartición de cursos de natación.
- Vixiar o cumprimento de normas e uso das instalacións.
- Atención aos bañistas.
- Auxiliar en caso de accidente.
- Rexistrar anotacións do PH e cloración da auga no libro de rexistro sanitario

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver