Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS OFERTA 7 PRAZAS EN DISTINTAS CATEGORIAS

03 Mar 2016

Trátase de contratos laborais temporais

Según recolle o BOP de hoxe, 3 de marzo, o concello de San Cibrao das Viñas fai pública unha convocatoria para diferentes prazas laborais temporais.

Trátase de catro prazas de peón de xardineiría, dúas de peón da construción e unha de albanel oficial de segunda.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles

Os contratos son de tipo laboral temporal para tres peóns de xardinería para o servizo de mantemento de parques e xardíns ata o 31.12.2016, unha de peón de xardinería para o servizo de mantemento de rutas de sendeirismo ata o 31.12.2016, dúas de peóns de construción para o servizo de mantemento de vías públicas e infraestruturas municipais ata o 31/12/2016 e unha máis de albanel oficial 2ª de construción para o servizo de mantemento de vías públicas e infraestruturas municipais ata o 31/12/2016.

A presentación de solicitudes deberá efectuarse en 5 días hábiles de luns a venres no Rexistro das instalacións do Concello de San Cibrao das Viñas, sito na Praza da Constitución, 1, 32911 San Cibrao das Viñas, e teléfono 988 381 034,  en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Volver