Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS CONVOCA TRES PRAZAS LABORAIS TEMPORAIS EN DISTINTAS CATEGORIAS

22 Feb 2016

Abren o proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo de dinamización social, unha de mestre de música e unha de coordenador de instalacións deportivas

O concello de San Cibrao das Viñas publica no BOP de hoxe, 22 de febreiro as bases para a selección de persoal laboral temporal, de tres prazas en diferentes categorías. Trátase dun posto de administrativo de dinamización social para o desenvolvemento da cultura local, promoción do deporte e de apoio ao Servizo de Intervención Municipal a xornada completa ata o 31/12/2016, outro de mestre de música especialidade vento-metal, a tempo parcial deica o 31.12.2016 e un terceiro de administrativo de dinamización social para o desenvolvemento da cultura local, promoción do deporte e de apoio ao Servizo de Intervención Municipal a xornada completa ata o 31/12/2016.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles e deberá efectuarse de luns a venres no Rexistro das instalacións do Concello de San Cibrao das Viñas, na Praza da Constitución, 1, 32911 San Cibrao das Viñas, Ourense, Tel.: 988 38 10 34 - Fax: 988 38 11 01 en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Volver