Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RUBIA BUSCA UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

28 Dec 2019

É un contrato para o ano 2020

O concello de Rubiá fai pública no BOP do 28 de decembro a convocatoria para un procedemento de selección de persoal laboral temporal:
Denominación do posto: traballador/a social a xornada completa para traballar na agrupación dos concellos de Carballeda de Valdeorras e Rubiá para o ano 2020.
Documentación e bases: as esixidas nas bases de convocatoria, que foron aprobadas pola Alcaldía con data 23-12-2019 e que poderán ser consultadas no concello de Rubiá en horas de oficina.
Instancias: as solicitudes para participar no procedemento de selección formalizaranse no modelo de instancia que se xunta a estas bases, dirixiranse ao alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello ou polas outras formas previstas na Lei reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de 7 días naturais dende a publicación no BOP de Ourense. O horario de presentación de documentación é de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

Volver