Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RIOS OFERTA 4 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

08 Mar 2019

Son pra 4 pións que traballarán no centro agroforestal

O concello de Riós fai público no BOP do 8 de marzo o anuncio de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo:
4 Pións agroforestais para o Centro Agroforestal de Riós. A alcaldía, mediante resolución con data 15 de febreiro de
2019, aprobou as seguintes bases:
Selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo:
“4 peóns agroforestais para o Centro Agroforestal de Riós.” Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de seis días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello en na páxina da sede electrónica do mesmo: concelloderios.sedelectronica.gal

Volver