Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RIBADAVIA ABRE AS LISTAXES PARA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

02 Nov 2019

As bases estarán expostas na web e no taboleiro de anuncios do concello

O concello de Rbadavia fai público no BOP do sábado 2 de novembro que a xunta de goberno local dese concello, na súa sesión do 15 de outubro de 2019, aprobou a normativa pola que se regula a convocatoria e  elaboración das listas para a provisión temporal do posto de traballo de auxiliar de axuda no fogar no concello de Ribadavia. As bases quedan expostas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á comisión de selección de contratacións laborais temporais do concello de Ribadavia (concello de Ribadavia, Praza Maior) e axustaranse ao modelo que se inclúe na convocatoria. A apertura da convocatoria e prazo para a presentación de solicitudes será do 4 ao 22 de novembro de 2019, e poderanse formular ante o rexistro xeral do concello de Ribadavia. Teléfono de información: 988 477 100.

Volver