Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAMIRÁS OFERTA UN POSTO DE EDUCADOR/A INFANTIL

17 Feb 2018

Tamén crea unha bolsa de emprego

O concello de Ramirás fai público no BOP do 17 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral temporal de “educador/a infantil” para Punto de Atención á Infancia do Concello de Ramirás e creación de bolsa de emprego. O detalle da oferta é o seguinte:

1.- Persoal de atención á infancia. - Número de prazas: 1.

2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal de interinidade.

3.- Xornada completa (luns a venres).

4.- Sistema de selección: concurso.

5.- Duración do contrato: ata fin de baixa por IT.

6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (17/02/18), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h.

7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Ramirás e na páxina web.

Volver