Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

16 Mar 2018

Son prazas para 13 categorías

O concello de Rairiz de Veiga fai público no BOP do 16 de marzo o anuncio da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego do concello de Rairiz de Veiga. Mediante decreto da alcaldía con data 22 de febreiro de 2018, aprobaron as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Rairiz de Veiga e acordaron realizar a convocatoria para presentación de solicitudes.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (16/3/18).
Prazas: Camareiros/as para a piscina municipal. Taquilleiro/a para a piscina municipal. Socorrista para a piscina municipal. Limpador/a do CEIP Carlos Cid Arregui. Pións para a brigada de rozas do concello. Pións de incendios. Xefe de brigada de incendios. Pións da brigada de tratamentos preventivos. Monitor/a de tempo libre. Pión promoción e divulgación da romaría da Saínza. Psicólogo/a. Persoal de atención educativa a infancia. Persoal de apoio á infancia
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, ca duración que se especifique nel.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro xeral do concello de Rairiz de Veiga, ou polas outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
As bases específicas da convocatoria que rexerán a contratación poden ser consultadas no taboleiro de edictos do concello de Rairiz de Veiga en horario de oficina e na sede electrónica do concello: http://rairizdeveiga.sedeelctrónica.gal

Volver