Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

10 Xul 2019

Son postos para pións e xefas/es de brigada

O concello de Rairiz de Veiga fai público no BOP do 10 de xullo, por resolución da alcaldía do concello de Rairiz de Veiga, con data 04/07/2018, a aprobación das bases que teñen por obxecto regular a formación dunha bolsa de emprego, con vixencia até final do ano 2019, coa finalidade de dispor de persoal para cubrir as necesidades do servizo e as renuncias, baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019, e peón para a promoción e  divulgación da Romaría da Saínza.

1.O contrato que se subscribirá é o que regula o artigo 15.1.a) do Texto refundido da Lei do Estatuto das/os Traballadoras/es, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (TRLET).

Bases específicas.

Posto; N.º; Duración contrato; Tipo; Salario bruto mensual

Xefa/e brigada incendios; 1; 3 meses; Xornada completa; 1,098,30€

Pión condutor/a de brigada incendios; 1; 3 meses; Xornada completa;1.040,15€

Pión de brigada de incendios; 3; 3 meses; Xornada completa;985,02€

Pión de brigada de tratamentos preventivos; 2; 3 meses; Xornada completa; 985,02€

Pión promoción e divulgación da Romaría da Saínza; 1; 2 meses; Media xornada; 415,78€

1.2. O sistema de selección:

Pión de incendios, pión condutor/a, xefa/e de brigada e pión de tratamentos preventivos; concurso oposición

1.Valoración de méritos

2. Exame teórico non eliminatorio.

3. Exame práctico non eliminatorio.

Fase oposición

1. Proba teórica: a puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 10 puntos.

Realizarase unha proba sobre o seguinte temario:

a) Coñecemento do territorio.

b) A loita contra os incendios forestais.

c) Prevención de riscos laborais nas brigadas de prevención e extinción de incendios forestais.

2. Proba práctica: a puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 5 puntos.

Realizarase unha proba práctica relacionada coas tarefas de prevención (operacións relacionadas co correcto mantemento e uso da maquinaria de roza) e extinción (operacións relacionadas co correcto uso das ferramentas de extinción) do posto obxecto de convocatoria de acordo co nivel e categoría do posto ou ben directamente relacionado cos cometidos que se van cumprir no que se valorará de xeito especial a pericia propia do oficio ou labor e a celeridade na súa execución. Concretamente: operacións de mantemento, posta en  funcionamento e uso das ferramentas propias do posto (mangueiras, motoserras, maquinaria de roza e os epis procedentes).

- Esta proba é obrigatoria pero non eliminatoria

Peón promoción e divulgación da Romaría da Saínza:

1. Valoración de méritos

3. Presentación de solicitudes.

As instancias polas que se solicitará formar parte da bolsa presentaranse no modelo oficial facilitado polo concello de Rairiz de Veiga, no rexistro xeral do concello, de acordo co preceptuado no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou a través da sede electrónica do concello http://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/ , durante o prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Volver