Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PORQUEIRA OFERTA UNHA PRAZA DE COIDADOR/A INFANTIL

26 Set 2018

Trátase dun contrato temporal durante o curso escolar

O concello de Porqueira fai pública no BOP do 26 de setembro a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 10.09.2018 para unha praza de coidador/a infantil con modalidade de contratación mediante contrato laboral temporal, de luns a venres, de 16.00 a 20.00 h. A duración do contrato será o curso escolar, de setembro/2018 até xuño/2019. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos e entrevista. As retribucións totais serán de 532,57 €/mes (incluída pppe). O prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia (26/9/18), e deberá facerse no rexistro do concello de Porqueira, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.

Volver