Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE PORQUEIRA OFERTA DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

09 Xul 2018

Formarán dúas brigadas contra incendios forestais

O concello de Porqueira, por decreto de alcaldía con data de 4 de xullo de 2018, fai pública no BOP do 9 de xullo a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballador@s para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellería do medio rural e do mar e o concello de Porqueira, para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa. Denominación dos postos: dúas/ous xef@s de brigada, dúas/dous pións - condutor@s con carné B e seis pións de brigada. A duración do contrato será de tres meses, e a clase de persoal laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Volver